quarta-feira, 18 de novembro de 2009

Contos de cama

Estou na cama co meu iBook branco com MacOS X á dereita e um Acer em elegante preto cum ronronante Windows Vista á esquerda. Pergunto-me se nom será moi geek considerar isto um trío interracial.

Escoitando: Silverchair - Emotion Sickness

sábado, 14 de novembro de 2009

1250 Aviom BCN-VGO

Cada vez que marcho de Barcelona sinto algo semelhante ao que sentia quando era cativa e tinha que ir da casa da minha mae a do meu pai e vice-versa. As duas casas eram o meu lar, assim que estava marchando de casa ao tempo que voltava a ela.
Com Barcelona passa-me o mesmo. Vigo é a minha cidade, mais Barcelona tem unha espécie de custodia compartida, e por isso estou coma na casa, ainda que tenha as minhas cousas numha maleta e a metade dos dias vaia comer fora.

As fins de semana que passava co meu pai incluíam um jantar no Pizza Hut e filmes dos irmaos Marx; em Barcelona ceio comida exótica de nome impronunciável e vexo filmes como Hot Fuzz ou The Happening, vou a concertos de Combichrist e bailo ata que as pernas nom obedecem (ou ata que o selector de música decide congelar a pista com cançons lentas e impossíveis de bailar), mais a sensaçom que queda quando colho o aviom de volta é a de subir ao carro do meu pai para voltar coa minha mae, sabendo que nom tardarei em fazer a viagem inversa de novo.

Escoitando: Combichrist - The Kill
Tomando: Te branco com baunilha

quinta-feira, 12 de novembro de 2009

1500, aviom VGO-BCN

O ceo está branco como unha piscina de leite de burra. E o aviom é Cleopatra. E nós somos bacterias que vivem nas súas tripas.

Há unha moça ao meu carom durmindo cuns lentes de sol tremendamente fashion, unha desas pessoas que som de Barcelona, aínda que nasceram e vivam noutro sitio. Som de Barcelona, tenhem ese "virus" que as fam levar sapatos de tacom e estranhos peiteados.

Escoitando: Soft Cell - Sex Dwarf

quarta-feira, 30 de setembro de 2009

The power of the Force compels you!

Exemplo dun anúncio bem feito:



Escoitando: Frederic Chopin - Nocturnes
Tomando: Té con algas

terça-feira, 29 de setembro de 2009

Reperkusión

Onte tivem a minha primeira classe na e-Trad. Cheguei 5 minutos tarde, entrei na aula que nom era e finalmente atopei o meu sitio. Me encanta esa escada de madeira.

Kusturica contra o arco gigante. Debaixo da frecha rosa, unha servidora.



Hai 10 días fomos ó Reperkusión, circo de música, malabares e paiasos con sabor a patacas fritas e licor café. Desfrutei dos concertos, enfrente e sobre o palco, da festa posterior, das duchas frías coma o Yeti e de Alhariz, unha desas vilas nas que sen muito esforço podes imaxinar-te vivindo, mercando o xornal, lavando a roupa. Liderando unha guerrilla de liberaçom de cavalos escravizados.

Tambén aproveitei pra dar-lhe uso á máquina fotográfica, que quedou coas ganas de ver mundo dende a minha visita a Barcelona. Estades convidados a dar unha volta polo meu Flickr.

Escoitando: Massive Attack - Teardrop

quarta-feira, 16 de setembro de 2009

Barcelona

A finde pasada fixen unha escapada a Barcelona pra decatarme de dúas cousas que xa sabía:

1- O turista meio é estúpido e leva escritas na fronte as palavras "Roubade-me" e "Vendede-me merda a prezo de ouro".
2- Os cataláns si que saben face-las cousas.

Nom podo evitar morrer de envexa cando estou nesa cidade. E máis aínda se estou nesa cidade o 11 de setembro, a Diada. Absolutamente todo está escrito en catalá, e despois en castelán, e despois en inglés. Ás veces o inglés está escrito diante do castelán (tendo en conta a cantidade de estranxeiros non hispanofalantes que visitan Barcelona ten unha lóxica aplastante). Os balcóns adornados con señeras, manifestacións pacíficas (pola simple non necesidade das belicosas que noutros sitios, senhores, deberían ser un dereito). E o máis importante, o que me fai sorrir e case chorar ó tempo, nenos falando en catalá. Por todas partes. Nas rúas, no metro, nas tendas, cativos xogando na súa lingua. Xente de todas partes do mundo que aprende catalá, anuncios gobernamentais de clases gratuitas.

Cada vez que estou en Barcelona sinto un profundo desexo de que algún día poda sentir o mesmo en Vigo, nom ter que sorprenderme porque alguén me conteste en galego, que nom sexa a excepción, o raro. E tamén sinto algo de vergonha por nom falar en catalá. Levo toda a vida querendo aprender esa lingua. Claro que tamén debería aprender a minha primeiro.

Manda collóns, que á minha idade nom saiba falar no meu idioma propio. E depois dirán que nom hai problemas na educación.

Tomando: Queixo

quinta-feira, 3 de setembro de 2009

Pluto is a Planet

Os de Planeta deAgostini son uns ladróns de cuidado. Agora, os factos.

Hai menos dum ano decidim subscrever-me a unha colecçom de... cousas. Imos deixar a temática da devandita colecçom nas sombras. Sabía que os de Planeta non son moi de fiar, pois sei que há uns anos tiveron probleminhas vendendo cousas a menores sen licença da súa mae, e todos sabemos que há que perguntar ás maes sempre. Eu pensei que nom tería problemas porque a minha conta do banco está sempre a 0 por duas razoms: segurança e desemprego. Así, fum ingressando o custo exacto das entregas mensuais da minha colecçom segreda ao tempo que estas chegabam á oficina de correios.

Tudo foi bem por uns meses, ata que eu cansei da colecçom e pensei cousas muito máis úteis nas que gastar os meus cartos. Chamei por telefone aos senhores deAgostini (agora lembro o anuncio aquel de cerveja feita polo senhor DiNamarca, como DiCaprio, que tamén é argentino! Desculpade o flashback) e pedim que nom enviasem máis entregas. A cousa quedou aclarada, eu bloqueei os pagos do banco e esquecin-me do Planeta.

No mes seguinte tentarom pasar un pago á minha conta corrente, o banco avisou-me e nom houvo problema. Chegarom un par de paquetes por correios que mandei enviar de volta, mandarom unha carta informando do acontecido e mandei un e-mail dicindo que si, que me dera baixa e non quería nada máis deles. Trégua de dous meses polas ferias de verao.

Chega setembro e con ele un aviso de chegada de correio: paquete de Madrid con aparente procedencia na Venca, catálogo de venta de roupa por correio. Baixei á estafeta coa única intençom de mandalo de volta, mas cando colherom o pacote vim que era unha caixa moi grande pra ser um catálogo da Venca e pedim que o achegaram. "Entrega junio Colección bla bla bla, Planeta deAgostini". Dixem que aquilo nom era pra mim, escusei-me e marchei.

Depois pensei máis no pacote traiçoeiro: se assinara o papel de correios, os de Planeta pasaríam o cobro á minha conta do banco e, ó atopala sen cartos, mandaríam-me unha carta exigindo o importe da entrega. Canta xente conseguiram enganar con ese truco? Centos, como se o vira.

O meu conselho: nom vos subscrivades nunca a unha colecçom de Planeta deAgostini se nom queredes ter que vigiar a vosa conta bancaria ad eternum.

Escoitando: Bauhaus - She's in parties

quinta-feira, 20 de agosto de 2009

Muggle

Hoje tiven unha entrevista de trabalho e pensei que sería unha boa escusa pra disfarçarme de muggle:



Merezo o trabalho ou non merezo?

Escoitando: Black Strobe - I'm a Man
Tomando: Té verde con aloé, hortelá e limón.

segunda-feira, 17 de agosto de 2009

MundoReal e Spotify

Por un momento teño a sensación de que Spotify soa raro, pero non sei por que. Premo a pausa e a música segue soando, pero con retraso. Eh, isto é moi raro. Play. Pausa. Play. Pausa. Estou escoitando a mesma música a dous tempos distintos e soa extrañamente envolvente.

Saio do meu cuarto. A miña nai está a tocar exactamente o mesmo que eu estou a escoitar no spotify. Acabaramos.

quinta-feira, 6 de agosto de 2009

Vampirarquia

A xente de Oxford (os dicionarios, non a universidade) andaba preocupada por unha cousa: a lingua inglesa é cada vez máis e máis pobre. Como pasa con outras moitas linguas, nas conversas cotiás non se utiliza un vocabulario variado nin extenso. Por poñer o exemplo inglés, o 90% da fala cotiá só usa 7.000 palabras.

Como esta xente é moi espelida, nótase nas caras, decidiron facer algo pra reivindicar todas esas palabras vellas que ninguén usa e que son tan válidas coma as demais. Así crearon a iniciativa Save The Words, unha páxina web na que podedes coñecer todas esas palabras abandonadas e ata apadriñar unha se vos chega ó corazón.

Eu xa fixen a miña parte adoptando unha palabra que definitivamente debería ser usada máis a cotío: vampirarquia.